Florent Marcellesi

O decrecemento: ferramenta política de transformación

In decrecimiento on 27 abril 2011 at 8:20

Traducción al gallego por Altermundo del artículo “El decrecimiento: una herramienta política de transformación

Florent Marcellesi, Igor Moreno Jauregi e Iñaki Valentín, de Berdeak-Los Verdes, Gorripidea-Zutik e Antikapitalistak respectivamente. Versiones: castellano / euskera.

Desde unha parte da esquerda anticapitalista e desde a ecoloxía política, outorgouse ao un papel de ferramenta política de alta validez. De xeito efectivo pensamos que pode servir para superar un capitalismo que pretende virar cara ao “verde” sen pór en cuestión a súa lóxica inxusta e insustentábel, así como afrontar o triste futuro que nos depara a mudanza climática se non actuamos con decisión.

Basicamente o concepto do decrecemento pon en cuestión os grandes fundamentos do produtivismo ao expor que non hai crecemento infinito posíbel nun planeta finito. Apoiándose en autores de varias procedencias ideolóxicas como Iván Illich, André Gorz ou Nicholas Georgescu-Roegen oponse, polo tanto, ao consenso xeneralizado segundo o cal o crecemento económico é o alfa e o omega do benestar humano e, até, da conservación dos ecosistemas. Do mesmo xeito, da man ou a pesar do incremento constante do PIB mundial desde hai 50 anos, a pegada ecolóxica da humanidade –é dicir o impacto das nosas sociedades sobre o medio– excede hoxe en case un 30 por cento a capacidade de rexeneración do planeta. Se todas as persoas vivisen como a cidadanía vasca necesitaríanse tres planetas. Mentres tanto, as inxustizas e desigualdades aumentan deixando na fenda non só aos países do Sur senón tamén ao case 9 por cento de persoas que viven por baixo do limiar da pobreza relativa en Euskadi –20 por cento no Estado español–; iso, sen contar o déficit democrático que supón o imposíbel control da cidadanía sobre as cuestións enerxéticas e a inexistencia de mecanismos de democracia deliberativa e directa.

Malia que se poden discutir algunhas implicacións que posúen a utilización e idoneidade do termo “decrecemento”, constatamos que na maioría dos casos o rexeitamento ao concepto enmascara en realidade un forte temor ao seu contido subversivo e á dificultade que entraña a posibilidade de manipulalo –a diferenza do acontecido por exemplo co “desenvolvemento sustentábel”–.

Igualmente, un cada vez máis importante número de persoas e movementos sociais están comezando a utilizar o decrecemento non só para vivir acorde cos seus principios de simplicidade voluntaria, senón tamén para organizarse, reflexionar e achegar propostas concretas de cambio. Ademais, en Francia, Italia ou no Estado español a nivel político o movemento verde está dando un forte impulso á cuestión e os movementos da esquerda anticapitalista traballan cada vez máis sobre o tema.

Sen dúbida o concepto de decrecemento, ao introducir a finitude do planeta e o lema “vivir mellor con menos”, posúe unha serie de virtudes innegábeis e que, desde unha perspectiva política, pode achegar elementos centrais para o futuro como:

  • Unha reconceptualización de conceptos como os de desenvolvemento, traballo ou riqueza, e unha profundización e rescate doutros como xustiza social, cidadanía ou mesmo democracia.
  • Propostas novas desde a xustiza ambiental e as relacións Norte-Sur, a relocalización dos procesos de produción-consumo ou a aposta cara a novos modelos urbanísticos e enerxéticos como as cidades en transición.
  • O valor da coherencia entre o comportamento individual e a acción colectiva.
  • Unha ponte entre sociedade e espazos de transformación social, e a creación dun nexo estratéxico entre partidos e movementos verdes, anticapitalistas e ecosocialistas.

Xa que logo, ante o modelo capitalista de crecemento infinito, o decrecemento propón unha alternativa non por sinxela de comprender menos revolucionaria. Fronte á ditadura do PIB, resituemos á persoa no centro dos debates. Deixemos de perder o tempo co “hai que gañar a vida” e de esnaquizar o ambiente; apostemos pola emancipación persoal e colectiva e a conversión ecolóxica da economía reducindo o consumo e producindo segundo as nosas necesidades reais, compartamos o traballo e liberemos tempo para investilo en actividades creadoras de riqueza social e ecolóxica. En definitiva, optemos pola cidadanía, a xustiza social e ambiental, hoxe e mañá, no Norte e no Sur. Noutras palabras, apostemos por vivir mellor con menos!

En definitiva, o decrecemento non é algo totalmente novo; se cadra, nin sequera pode caracterizarse como unha ideoloxía política per se. Con todo, posúe a capacidade de dar alternativas a un sistema depredador e inxusto, e de crear pontes entre diferentes tradicións políticas e sociais, o que o converte nunha poderosa ferramenta política estratéxica e unha aposta de transformación social.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: